Lume, a nova co-produción galaico portuguesa- Galiportus (Actualidade)- T2 X 38

Lume, a nova co-produción galaico portuguesa- Galiportus (Actualidade)- T2 X 38

GALIPORTUS · 2025-07-08
58:30

Hoxe toca abordarmos un novo proxecto, nesta época dourada do audiovisual galaico-portugués. Falamos de "Lume", unha serie de 6 episodios rodada en numerosos lugares da xeografía galega e portuguesa, e inspirada nun drama persoal da xornalista Lucía (Cristina Castaño, Gz) e nas (non)respostas que se encontra na "Seara", esa aldea raiana que ben pode estar no imaxinario de calquera, e na cal se está a desenvolver un tremendo incendio ... que arrastra á protagonista ao seu pasado máis tráxico. Na vila deberá tratar cos receos e desconfianzas das xentes; e aí xurde tamén a figura de Júlio, o GNR (Albano Jerónimo, Pt) Falamos da produción, da trama, da lingua común e de moitas cuestións máis que rodean ao audiovisual a norte e sur do Minho co Alberto Dominguez e Sérgio Baptista, das partes da produción; e coa Irene Pin e a Sara Rodi, guionistas. Unha conversa espectacular plenamente galaico-portuguesa, igualmente ao 50% ... e un resultado moi aceptabel, dispoñibel xa na RTP, AGalega e HBO Max. Viva! A música do fin do programa, a da serie, das "Tanxus": Arica.

GALIPORTUS

Episodios cada semana: Martes/Terças 16h ("Protagonistas", "Actualidade", "O Marco"), com as melhores entrevistas.Venres/ Sextas 16h ("História e Histórias"), com todas as grandes e pequenas histórias galaico-portuguesas.Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: galiportuspodcast@gmail.com.Galiportus busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, política, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Ou tamén curiosidades, lendas, tradicións, xentes, ideas e proxectos. Realidades transfronteirizas. Dando a coñecer Portugal aos galegos e Galiza aos portugueses... Porque o Miño nunca foi un problema...Galiportus fala para esses 6'3 milhões de habitantes da Eurorregião, mas também para todos os ouvintes dispersados pelo mundo, interessados nas questões deste canto da Península Ibérica, pela sua lingua comum, a cultura e o património milenar. Ou pela forma de entendermos o próprio mundo desde aqui...Sejam bem-vindos! E bem-vindas!.........................................Estamos nas redes: Facebook, twitter, Instagram. Escoita tamén en Spotify, Apple podcast, podgalego.

  • Número de episodios: 144
  • Último episodio: 2025-07-22
  • Gobierno

¿Donde puedes escuchar?

Apple Podcasts Logo Spotify Logo Podtail Logo Google Podcasts Logo RSS

Episodios