Efer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros

Efer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros

Efervesciencia · 2025-04-22
58:16

(2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo ensaio clínico de fase 2b desta vacina, neste caso con adolescentes e adultos. Conversamos co CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez.
(17:10) Resolvemos onde estaba Luis Muiño no noso concurso "Un libro, un autor e un lugar".
(19:20) Andrés Prieto, profesor da Universidadade de A Coruña e investigador do CitMaga, e Noela Sánchez, do grupo de oceanografía física da Universidade de Vigo, traballan nun proxecto de caracterización numérica dos fondos costeiros empregando sons.

Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

  • Número de episodios: 866
  • Último episodio: 2025-05-06
  • Ciencias

¿Donde puedes escuchar?

Apple Podcasts Logo Spotify Logo Podtail Logo Google Podcasts Logo RSS

Episodios